domingo, 20 de junio de 2010

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO DE JOSÉ SARAMAGO


JOSÉ SARAMAGO
No seguinte enlace http://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/hd/
podedes ver a curta que fixo Juan Pablo Etcheverry en 2006 adaptando un conto que escribiu José Saramago, Premio Nobel de Literatura no ano 1998, para os nenos.

Neste conto o escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.

O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.

Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.

Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar…




PRECIOSA!!! UNHA FLOR PARA SARAMAGO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario