lunes, 21 de junio de 2010

ENCONTREI UNHA PRINCESA, NUN GRAN PAZO DE CRISTAL

E UN CASTELO CON CEN TORRES
E TELLADOS DE METAL.
..........................
ENCONTREI O QUE VOS DIGO
E MÁIS PODÍA ENCONTRAR;
PORQUE CON LERES UN LIBRO,
MIL MUNDOS PODES ACHAR.

Agora que temos moitos días de lecer non deixedes de contarlles un contiño aos vosos fillos e fillas.
Recordades os contos que nos mandástedes ala polo mes de febreiro?
Con eles fixemos este libriño, cheo de contos e de debuxos feitos con grande ilusión polos nenos e nenas de educación infantil. Esperamos e desexamos que vos resulte de proveito.
Grazas as mamás, papás, avós e avoas que quixeron e puideron colaboran con nós.
FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!!!

O MAR TEN AREAS DE DOCE PISAR, O MAR TEN SEREAS DE TRISTE CANTAR

TEN RISAS E PRANTOS
DE TANTO MIRAR
TEN TRISTES RECORDOS
SON MALES DO MAR.

Neste último mes estivemos traballando o mundo do mar, dos peixes. Na aula de informática buscamos contidos que nos sorprenderan, emocionaran, que nos descubriran que se esconde na profundidade dos océanos. Aquí tedes unha mostra. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.





domingo, 20 de junio de 2010

COMO SE FIXO A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO





A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO DE JOSÉ SARAMAGO


JOSÉ SARAMAGO
No seguinte enlace http://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/hd/
podedes ver a curta que fixo Juan Pablo Etcheverry en 2006 adaptando un conto que escribiu José Saramago, Premio Nobel de Literatura no ano 1998, para os nenos.

Neste conto o escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.

O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.

Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.

Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar…




PRECIOSA!!! UNHA FLOR PARA SARAMAGO!!!

jueves, 10 de junio de 2010

miércoles, 9 de junio de 2010

jueves, 27 de mayo de 2010

CROCO




O venres chegou procedente de África un paquete moi misterioso.
Quen o mandará?
Será un peixe? Será un ladrillo?
Le o xornal para informarte.

viernes, 21 de mayo de 2010

NO BICARELO DO BICO DO BRELO

NO BICARELO DO BICO DO BRELO from Rosa Raviña on Vimeo.



No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo do bico do brelo.
Uxío Novoneyra, poeta do Courel.

domingo, 2 de mayo de 2010

CONTOS SOLIDARIOS


O día do libro visitáronnos varias mamás e un papá na biblioteca do centro para contar contos, cantar e recitar.
Patricia regalounos un conto "Os magos da liberdade". Este conto e outros da colección "Contos de Vicentiño. O paxaro do rio Miño" podedes lerllos aos vosos fillos e fillas no seguinte enlace:

http://www.contosolidarios.org/contos.htm


CONTOS PARA CONSTRUÍR UN MUNDO MELLOR!!!

martes, 27 de abril de 2010

martes, 20 de abril de 2010

GRABACIÓNS COA CÁMARA DIXITAL


O venres pasado utilizamos a cámara dixital para grabar algún dos contos que escoitaron os nenos e nenas de E. infantil na galería Sargadelos. Así é máis doado recordar os contos e as cancións que Patricia e Pablo nos contaron e cantaron!!!


jueves, 25 de marzo de 2010

DEBUXANDO NA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

Adrián e Juanchi de 5 anos están debuxando na pizarra dixital interactiva. Éncantalles utilizar os rotuladores creativos e o rotulador máxico.

Estamos traballando a motricidade fina e a súa creatividade.

De momento temos colocado o proxector enriba dunha mesa por iso vese esa sombra na PDI. Esperamos que pronto nolo coloquen no teito!!!


CORREO ELECTRÓNICO PARA SIGÜEIRO

Neste curso en educación infantil estamos levando a cabo o proxecto "A contaminación é un monstro" que trata da contaminación e das enerxías renovables. Pareceunos ben compartir información cos nenos e nenas do cole de Sigüeiro xa que está moi próximo ao noso colexio. Os primeiros correos son de presentación:

" HOLA CHAMOME AIDA TEÑO OS MEUS PADRIÑOS E TEÑO TAMEN OS MEUS PRIMOS EN SUIZA.
ADEUS "


"HOLA CHAMOME LAURA MALLO GUERRA PARA SIGUEIRO PARA LUIS E PARA NOELIA OS PATRIÑOS DE RODRIGO.
TEÑO 5 ANOS QUE ES TADES FAZENDO O BARREIRO

A DEUS "


"SON SARA TEÑO UNHA IRMA IRIA DE 3 ANOS.ADEUS"






XOGANDO CO ÉSCANER

Esta semana comezamos a traballar co éscaner. De momento os nenos e nenas de educación infantil están descubrindo os posibles usos a través do xogo e do misterio.

Que ocurre cando poñemos as mans no éscaner?

Menuda sorpresa!! Parece máxico!!!

Lorena móstranos as súas mans escaneadas.
Continuará...
























































domingo, 14 de marzo de 2010

SINDROME DE DOWN: LECTURA Y ESCRITURA

La Fundación Iberoamericana Down21 presenta en su Canal Down21 la edición electrónica de un libro que ha revolucionado la enseñanza de la lectura y la escritura a las personas con síndrome de Down. Se cumple así un sueño largamente incubado, de hacer accesible libre y gratuitamente a todo el mundo de habla española la herramienta que, sin duda, ha hecho cambiar las perspectivas y las vivencias de las personas con síndrome de Down u otras discapacidades intelectuales...
El libro puede ser distribuido de manera íntegra a cuantas personas lo deseen, bien por fotocopia o por copia del formato informático. Al estar ubicado en una dirección de internet, podrá ser consultado por cualquier persona que tenga acceso a la Red, descargado en su ordenador o computadora, o imprimirlo.

http://www.down21.org/educ_psc/material/librolectura/index.html

LA MATERNELLE DE MOUSTACHE

Nesta páxina francesa podedes atopar moitos recursos educativos, dende abecedarios, calendarios, traballos plásticos e moito máis. Moi interesante e recomendabel!!!!
Preme aquí para acceder:
http://jt44.free.fr/

FONOTECA NACIONAL_EXPLORADORES SONOROS

O Consello Nacional para a Cultura e as Artes e a Fonoteca Nacional ofrecen ao público infantil unha serie de exercicios interactivos multimedia, co propósito de que os nenos e nenas poidan levar a cabo diferentes actividades lúdicas relacionadas co sonido.

lunes, 8 de marzo de 2010

XA SEI MOVER O RATO


Os nenos e nenas de E. infantil van adquirindo máis destreza no movemento do rato e son capaces de completar debuxos con moita soltura e utilizando moitas cores. Podedes comprobalo no debuxo que Mónica está a punto de acabar de colorear. ESTUPENDO!!!!

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE OS HIPOPÓTAMOS

A lectura do conto "CHOCOLATA" da editorial OQO provocou que moitos nenos e nenas se interesasen por saber moitas cousas da protagonista do conto, unha hipopótama moi especial, Chocolata.


ONDE MAMAN OS HIPOPÓTAMOS?

Buscaron información na rede e descubriron onde maman os bebes hipopótamos.

Observaron as súas fouces e o seu comportamento dentro e fóra da auga.

IMPRESIONANTES!!!

A VOLTAS CO AUDACITY


Aquí nos atopamos probando un programa chamado "Audacity" para grabar e reproducir sonidos. Estamos grabando as poesías que recitaron os nenos e nenas de E. infantil no recital poético para conmemorar o 173 aniversario de Rosalía de Castro.
O programa é moi sinxelo de utilizar e podedes descargalo de internet se queredes utilizalo na casa. Se tedes algunha dúbida pasade polo colexio e trataremos de solucionala.


miércoles, 3 de marzo de 2010

U DE UXÍA E J DE JAVIER



AOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS GÚSTALLES ESCRIBIR PALABRIÑAS MOI SIGNIFICATIVAS PARA ELES COMO SON OS SEUS NOMES.

lunes, 1 de marzo de 2010

RECURSOS GALEGOS

PROXECTO XIS
Ten como obxectivo a traducción de programas informáticos ao galego.
Precisas realizar unha traducción do castelá ao galego?
Necesitas un corrector ortográfico?
Podedes descargar e instalar no ordenador o último corrector ortográfico para Windows confeccionado en Galicia pola empresa Imaxín, subvencionado pola Consellería de Educación e distribuído pola Xunta de Galicia en:
http://www.galego21.net/xis/

martes, 23 de febrero de 2010

A IVÁN GUSTARÍALLE ESCRIBIR UN CONTO

Ao principio do curso os nenos e nenas de educación infantil ían a sala de informática pensando só en xogar co ordenador.

Afortunadamente pouco a pouco van aprendendo a utilizalo para escribir pequenos textos, a insertar imaxes modificando o seu tamaño, a navegar no blog pequen@arquitect@s manexando a rodiña do rato, a buscar información sobre Wangari Maathai... e tantas outras cousas que están descubrindo.A Iván gustaríalle escribir un conto. Neso estamos!!!

QUE TEMPO FAI HOXE?


Estos días o primeiro que facemos ó chegar a sala de informática é informarnos do tempo que teremos na páxina de meteogalicia.
Os nenos e nenas de infantil estanse familiarizando cos símbolos da chuvia, neve, vento de forza 3 e a situalos no mapa de Galicia. De momento está tendo moito interese para eles.

miércoles, 10 de febrero de 2010

RECURSOS SOBRE O ENTROIDO

Na páxina seguinte hai unha actividade sobre o entroido. Podedes crear a túa máscara e a túa comparsa, participar nun desfile virtual, ler o pregón...

http://educalia.educared.net/externs/car05/s/index.html

lunes, 1 de febrero de 2010

NON LLE TEÑAS MEDO AO RATO




Aos nenos e nenas de Educación Infantil este rato non lles mete medo ningún, todo o contrario. Encántalles!!! Mira como fai:
CLIC, CLIC-CLIC... e coa rodiña que rápido se move!!!
CRISTINA,YAGO E ADRIÁN DE 5 ANOS ESTÁN NAVEGANDO POLO BLOGUE PEQUEN@SARQUITECT@S

domingo, 31 de enero de 2010

XORNADAS TADEGa

O 26 e 27 de febreiro vanse celebrar as IV Xornadas TADEGa "Competencia dixital na atención á diversidade" no salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Máis información en: www.tadega.net

RECURSOS

A seguinte dirección é moi interesante xa que ofrece unha páxina chea de recursos TIC que nos poden axudar no noso traballo:
http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm

NOVO EDUBLOG

Benvidos/as a este novo edublog no que trataremos de axudar a perder o medo a utilizar ás novas tecnoloxías no noso traballo diario.


Agardamos que os contidos vos sexan úteis e que dalgún xeito formedes parte do equipo TIC.