lunes, 21 de junio de 2010

ENCONTREI UNHA PRINCESA, NUN GRAN PAZO DE CRISTAL

E UN CASTELO CON CEN TORRES
E TELLADOS DE METAL.
..........................
ENCONTREI O QUE VOS DIGO
E MÁIS PODÍA ENCONTRAR;
PORQUE CON LERES UN LIBRO,
MIL MUNDOS PODES ACHAR.

Agora que temos moitos días de lecer non deixedes de contarlles un contiño aos vosos fillos e fillas.
Recordades os contos que nos mandástedes ala polo mes de febreiro?
Con eles fixemos este libriño, cheo de contos e de debuxos feitos con grande ilusión polos nenos e nenas de educación infantil. Esperamos e desexamos que vos resulte de proveito.
Grazas as mamás, papás, avós e avoas que quixeron e puideron colaboran con nós.
FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!!!

O MAR TEN AREAS DE DOCE PISAR, O MAR TEN SEREAS DE TRISTE CANTAR

TEN RISAS E PRANTOS
DE TANTO MIRAR
TEN TRISTES RECORDOS
SON MALES DO MAR.

Neste último mes estivemos traballando o mundo do mar, dos peixes. Na aula de informática buscamos contidos que nos sorprenderan, emocionaran, que nos descubriran que se esconde na profundidade dos océanos. Aquí tedes unha mostra. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.





domingo, 20 de junio de 2010

COMO SE FIXO A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO





A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO DE JOSÉ SARAMAGO


JOSÉ SARAMAGO
No seguinte enlace http://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/hd/
podedes ver a curta que fixo Juan Pablo Etcheverry en 2006 adaptando un conto que escribiu José Saramago, Premio Nobel de Literatura no ano 1998, para os nenos.

Neste conto o escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.

O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.

Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.

Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar…




PRECIOSA!!! UNHA FLOR PARA SARAMAGO!!!

jueves, 10 de junio de 2010

miércoles, 9 de junio de 2010

jueves, 27 de mayo de 2010

CROCO




O venres chegou procedente de África un paquete moi misterioso.
Quen o mandará?
Será un peixe? Será un ladrillo?
Le o xornal para informarte.