martes, 23 de febrero de 2010

A IVÁN GUSTARÍALLE ESCRIBIR UN CONTO

Ao principio do curso os nenos e nenas de educación infantil ían a sala de informática pensando só en xogar co ordenador.

Afortunadamente pouco a pouco van aprendendo a utilizalo para escribir pequenos textos, a insertar imaxes modificando o seu tamaño, a navegar no blog pequen@arquitect@s manexando a rodiña do rato, a buscar información sobre Wangari Maathai... e tantas outras cousas que están descubrindo.A Iván gustaríalle escribir un conto. Neso estamos!!!

QUE TEMPO FAI HOXE?


Estos días o primeiro que facemos ó chegar a sala de informática é informarnos do tempo que teremos na páxina de meteogalicia.
Os nenos e nenas de infantil estanse familiarizando cos símbolos da chuvia, neve, vento de forza 3 e a situalos no mapa de Galicia. De momento está tendo moito interese para eles.

miércoles, 10 de febrero de 2010

RECURSOS SOBRE O ENTROIDO

Na páxina seguinte hai unha actividade sobre o entroido. Podedes crear a túa máscara e a túa comparsa, participar nun desfile virtual, ler o pregón...

http://educalia.educared.net/externs/car05/s/index.html

lunes, 1 de febrero de 2010

NON LLE TEÑAS MEDO AO RATO




Aos nenos e nenas de Educación Infantil este rato non lles mete medo ningún, todo o contrario. Encántalles!!! Mira como fai:
CLIC, CLIC-CLIC... e coa rodiña que rápido se move!!!
CRISTINA,YAGO E ADRIÁN DE 5 ANOS ESTÁN NAVEGANDO POLO BLOGUE PEQUEN@SARQUITECT@S